Sunday 28 de April de 2024

O Club Salvamento Acuático Laracha participará esta fin de semana no III Campionato de España de Distancias Cortas-Spanish Short Course Championship


O SÁBADO E DOMINGO, SETE DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA QUE SE CELEBRARÁ NO COMPLEXO DEPORTIVO PARQUESOL DE VALLADOLID

 

A expedición está composta por 7 deportistas das categorías xuvenil, junior e absoluta que participarán, xunto a deportistas chegados de diferentes puntos de España e de Europa no III Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto de Distancias cortas – Spanish Short Course Championship.

Desprázanse os deportistas xuveniles Lucía Añón Sánchez, Luis Negreira Mariño e Anxo López Rey, os deportistas de categoría junior Álvaro Hidalgo Peón e Nerea Mallo Martínez e os deportistas absolutos Pablo Amado Villar e Noelia Loureiro Serrano. Estarán acompañados polo adestrador do clube, Borja Diez García.

O sábado día 4 pola mañán participarán nas eliminatorias de 50 m natación con obstáculos, 50 m combinada de salvamento e 50 m socorrista, co obxectivo de entrar nas finais das mesmas que se celebrarán ese mesmo día pola tarde. Nesta primeira xornada de mañán tamén participarán nas probas de equipos 4×25 m natación con obstáculos absoluto e 4×25 m relevo socorrista mixto absoluto.

Na xornada do domingo 5 competirán a nivel individual en 100 m supersocorrista, 25 m remolque manequín e 50 m remolque de manequín con aletas tentando tamén meterse nas finais destas probas que se disputarán na xornada de tarde. As probas de equipos desta segunda xornada do Campionato son 4×12,5 m remolque manequín absoluto e 4×25 m relevo combinado absoluto.